A Pobra conmemora o 159 aniversario do nacemento de Valle-Inclán

29 Outubro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou na mañá deste 29 de outubro o acto central das XXVII Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán cunha ofrenda cívica que serviu para conmemorar o 159 aniversario do nacemento do autor.

Á cita asistiu a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, así como as edís Estefanía Ramos e Amparo Cerecedo, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, o neto, biógrafo e investigador da obra de Valle-Inclán, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, e edís da Corporación municipal.

Durante a súa intervención, a concelleira de Cultura definiu a Valle-Inclán como un “símbolo e unha referencia do municipio”, incidindo en que o pasado, o presente e o futuro “da Pobra e do autor están estreitamente entrelazados ata o punto de que non poderíamos falar do noso concello sen mencionar ao escritor”.

Na ofrenda, a edil de Cultura lembrou que A Pobra do Caramiñal foi o lugar de nacemento dos seus pais, a localidade onde a súa familia tiña unha propiedade e onde “Valle-Inclán gardaba recordos da infancia e da súa xuventude e un auténtico refuxio espiritual e creativo que o inspirou para asinar boa parte das súas obras”.

A actividade deste mércores arrincou coa música do Grupo Xiada, que fixo unha ruada musical polos principais espazos da vila: Alameda, Xardíns de Valle-Inclán, mercado municipal, prazas de García Martí, Cantón da Leña, Fonte dos Catro Canos e Galicia.

A continuación, levouse a cabo a ofrenda floral diante do monumento situado no Cantón da Leña.

Próximas actividades

A programación das xornadas continuará este domingo, 2 de novembro, ás 12:30 horas. Ese día, a Alameda acollerá a primeira das representacións de rúa de Títeres Alakrán: Xan Quinto e outros romances de cego, con Borja Ínsua, que continuará despois na praza da Fonte dos Catro Canos.

O sábado, 8 de novembro, ás 11:30 horas, celebrarase no Museo de Valle Inclán, na sala de iconografía contemporánea, un obradoiro de caligrafía artística impartido por Alba Farto, baixo o título Arte da rotulación e lettering, dirixido á mocidade e persoas adultas.

O ciclo pecharase o sábado 15 de novembro, ás 20:00 horas, coa representación de Teatro en Punto, que levará á rúa a obra A miña irmá Antonia, unha das novelas breves de Valle-Inclán, con dirección de Gloria Rico Galán. A función desenvolverase na Alameda e continuará na praza Fonte dos Catro Canos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...