O Complexo Deportivo da Piscina Municipal de Porto do Son celebra o programa Sábados en Familia, a través do cal achégase, segundo informou o Concello, “un día cheo de diversión e alegría”. Haberá deportes e xogos participativos e creativos e habilitarase todo tipo de material para as familias participantes. Contarase coa supervisión dos socorristas.
Quen precise máis información pode recadala na recepción da piscina ou chamando ao 604051189.
Organiza Soom Management (concesionaria) e o Concello de Porto do Son.




