A Mostra Mares da Fin do Mundo leva a súa VIII edición a Rianxo

24 Outubro 2025

O Concello de Rianxo confirmou que vai dar acollida en decembro á vindeira edición (a VIII) da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un evento creativo e social comprometido co medio marítimo e co sector pesqueiro, que busca crear conciencia sobre a necesidade de coidar dun dos nosos recursos naturais máis valiosos: o mar.

Entre o 10 e o 14 de decembro o Auditorio de Rianxo acollerá 45 proxeccións e desenvolveranse diferentes actividades paralelas relativas ao mar e á pesca.

Na súa anterior edición a mostra desenvolveuse en Ribeira e, previamente, no concello de Outes.

O evento está organizado pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinado pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e, neste caso, o Concello de Rianxo.

A Mostra MDFDM é asinante do Pacto Cultura Sustentábel, en liña coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.