A LIII edición de Curtas Festival do Imaxinario consolidará a Vilagarcía como capital do cinema fantástico

16 Outubro 2025

A Sala Rivas Briones de Vilagarcía acolleu este mércores 15 a presentación do programa completo de actividades do LIII Curtas Festival do Imaxinario, apoiado pola Xunta (AGADIC) e o Concello. Nela estiveron o alcalde, Alberto Varela, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, o director, Luís Rosales, e outros membros da Xunta e da Deputación de Pontevedra. Aínda que as exposicións comezaron xa o pasado día 3, o groso do programa arranca o venres que vén con obradoiros, charlas e proxeccións ata o 2 de novembro. Todas as actividades son de balde.

Para o rexedor grazas ao festival “non só somos a capital do cine fantástico senón tamén da desestacionalización, con eventos todos os días do ano”.

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, puxo en valor o traballo da organización “que lle deu unha volta á programación e cambiou por completo a forma de propoñela”.

Segundo explicaron, este ano a cita reforza o seu carácter internacional con 102 estreas de 36 países de todo o mundo, “entre elas, 2 longametraxes que escolleron o Curtas para presentarse ante o mundo”, apuntou Rosales.

Durante a presentación, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, salientou que Curtas Festival do Imaxinario é “un dos grandes escaparates do audiovisual galego” e un referente internacional do fantástico: un proxecto que medra en calidade, en públicos e en capacidade de atraer talento.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude felicitou a organización pola presenza de profesionais do país na carteleira da nova edición, que conta con 15 obras de autoría galega que mostran o bo momento da industria, tamén no xénero fantástico e de terror.

O mellor do xénero

O encontro arrancará o próximo 24 de outubro coa apertura da exposición Monstrorama ás 20,00 h. no Salón García. Ás 20,30 h. no mesmo espazo está programada a estrea mundial da curtametraxe Cosa Mala, do realizador galego Gero Costas, unha peza sobre un artista que recibe un misterioso encargo coa promesa de abrirlle novas portas. A obra clásica do cinema de terror As Mans de Orlac, peza de 1924 dirixida por Robert Wiene, tamén se proxectará na xornada inaugural. Como ramo para a apertura, o ilustrador Tomás Hijo recollerá o premio honorífico Curtas 2025 e o laureado director valenciano Paco Plaza será distinguido como Mestre do Fantástico.

En Curtas Festival do Imaxinario están previstas 13 estreas, entre as que destacan Camping Coyote, de Chico Morera, Unprovidence, de Victor Marín, Tap Tap, de Fernando Camacho, Update, de Luca Violante, Kin Akhten, de Reza Mirzaei, e Echo, de Victoria Catherine Long. A escolma complétase con catro estreas internacionais, seis europeas, 23 en España e 26 en Galicia, unha carteleira que levará o público pola variedade do xénero, á vez que reforzará a proxección exterior do festival.

A programación articúlase arredor da sección oficial Arrepíos, con 33 títulos de terror e suspense, e complétase con Feito en Galicia (con obras de creación galega), Novos Horizontes (dedicada a novas formas de narrativa e experimentais) e Outras Realidades (sobre contextos máis afastados).

Protagonismo do cinema galego

Entre os títulos destacados do panorama de Galicia figuran Áncora, de Miguel R. Berride, Boca de Asno, deCarlos Calvar, Gralla, de Rebeca Tella e Daniel Filloy, Hippocampus, de Xaime Miranda, Mocos Verdes, de Roberto Cid, Nai, de Tito Refoxo ou Nas Ondas do Tempo, de Adrián Porima, xunto a pezas como O Corpiño, de Antía Rodeiro e Blanca Navarrete, O Interrogatorio, de José Ignacio Rodríguez Varela, O Porco, de Hugo R. Morgado, Orzán, de Omar Rabuñal Varela, Os Retornados, de Rocío Diz, Santa Compaña, de Mateo Bouzada e Senda Estrela, de Eva Vaeli e Manu Sacoga.

Ademais dos títulos en proxección, a través da iniciativa Galicia Imaxinaria, o festival levará o talento audiovisual galego a outros países mediante colaboracións con eventos internacionais para conectar Galicia co mundo a través do xénero fantástico. Así, unha compilación de curtametraxes que resultaron premiadas en pasadas edicións e que ofrecen un gran abano dos diferentes estilos, temas e sensibilidades presentes no fantástico galego recente viaxarán a citas como o Bogotá Horror Film Festival de Colombia, Buenos Aires Rojo Sangre de Arxentina, Macabro Festival Internacional de Cine de Horror de la Ciudad de México, Cinefantasy de Sao Paulo, Brasil, FantasPorto de Portugal, Bakunawa Fest en Filipinas o Santiago Horror Festival Internacional de Cine Fantástico na capital chilena.

O programa complétase con actividades paralelas para públicos novos e familias e, no apartado expositivo, a Sala Rivas Briones acollerá as mostras Santipérez: unha vida debuxando pesadelos, con obra de Santiago Pérez Domínguez, e As Raias do Dragón, con pezas gráficas de Tomás Hijo. As dúas permanecerán abertas ata o 16 de novembro, reforzando a conexión do festival co cómic, a ilustración e a cultura visual.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.