A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) visita en Boiro o Centro Tecnolóxico de JEALSA

14 Outubro 2025

A sede en Boiro do Centro Tecnolóxico de JEALSA acolleu por primeira vez a Xunta Reitora da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), onde os seus integrantes foron recibidos polo presidente da compañía, Jesús Alonso Escurís, e a responsábel de Relacións Institucionais da empresa do Barbanza, Margarita Hermo.

A firma familiar conserveira e a entidade formativo-empresarial que reúne ás tres universidades galegas, coincidiron na importancia de fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) e en impulsar a inserción laboral dos estudantes universitarios e de formación profesional. Xuntas colaboran en tales fins desde hai 25 anos.

Os membros da Xunta Reitora de FEUGA, entre os que se atopaban representantes da CEG, Banco Sabadell, as universidades galegas e das compañías Votorantim Cementos España e CZ Vaccines, foron convidados, ao finalizar a reunión de traballo, a percorrer as instalacións do centro tecnolóxico e a planta conserveira sitas en Bodión (Boiro). Na devandita visita, explicouse como no centro, persoal especializado traballa para avanzar en economía circular e no coidado do medio ambiente, aproveitar a materia prima ao máximo por medio da valorización do subproduto e innovar.

O equipo de FEUGA salientou que a instalación conserveira é “unha das máis avanzadas tecnoloxicamente do mundo” e constitúe “o buque insignia da empresa galega, primeiro fabricante do mercado español”. Durante o percorrido, os membros da xunta puideron ver in situ os investimentos realizados tras o fatídico incendio do ano 2021 e como en apenas catro anos, a planta recuperou a súa capacidade produtiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...