A Deputación inaugura en Boiro a exposición “Golfiños na proa”, que difunde a riqueza e biodiversidade da costa galega

17 Outubro 2025

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, inauguraron en Boiro a exposición Golfiños na Proa, desenvolvida pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e coa que se pretende difundir a diversidade de cetáceos e outras especies que poboan a costa galega.

A deputada aproveitou a súa intervención para concienciar sobre a importancia de protexer o medio mariño e as nosas costas, “especialmente a ría de Arousa, porque é un tesouro de biodeversidade mariña”, e fixo especial fincapé nas “especies como a toniña ibérica, un mamífero mariño que se atopa actualmente en perigo de extinción a pesar de ter en Galicia a maior poboación de toda a costa ibérica”.

“Con iniciativas coma esta exposición reforzamos o noso compromiso coa educación ambiental e a conservación do noso valioso patrimonio natural”, afirmou a deputada.

O alcalde de Boiro destacou tamén o valor educativo e de concienciación ambiental da exposición, que visitarán nas vindeiras semanas os escolares boirenses, que contarán coas explicacións dos técnicos do CEMMA.

A exposición

A mostra Golfiños na Proa consta de diversos paneis informativos dos cetáceos e mamíferos mariños de Galicia, así como de varios restos óseos de cetáceos, lobos mariños e tartarugas e poderá visitarse ata o día 4 de novembro no vestíbulo da Casa Consistorial.

Así mesmo, a Deputación da Coruña pon a disposición dos centros de Educación Primaria do Concello de Boiro a posibilidade de levar a cabo diversas visitas guiadas coa finalidade de achegar aos nenos e nenas a fauna da costa galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...