A Deputación e o Concello de Carnota culminan as obras do novo auditorio municipal de O Viso, cun investimento de 300.000 euros

27 Outubro 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este luns 27 de outubro o concello de Carnota, acompañado do alcalde Juan Manuel Saborido Rama e da depurada Mónica Rodríguez, para comprobar o resultado das obras xa rematadas do novo auditorio municipal de O Viso, nas súas palabras “unha actuación moi esperada que dota o municipio dun espazo escénico moderno e versátil para dinamizar a súa vida cultural”.

O novo auditorio conta con 230 butacas e é unha das 45 obras financiadas en Carnota polo Plan Único da Deputación, o principal programa de cooperación municipal da provincia. O investimento total rolda os 300.000 euros, dos que a Deputación achegou un 80% e o Concello o 20% restante.

O presidente provincial destacou que “esta infraestrutura cultural converte Carnota nun referente da vida cultural da Costa da Morte e exemplifica o impacto real do Plan Único, que permite aos concellos acometer proxectos transformadores que melloran o benestar da veciñanza e neste caso, a vida cultural do municipio”.

Formoso subliñou que Carnota non dispuña dun auditorio e “agora conta por fin cunha sala digna e completamente equipada para ofrecer teatro, concertos e incluso programacións de gran formato”.

Pola súa parte, o alcalde Juan Manuel Saborido agradeceu o apoio da Deputación e afirmou que “este auditorio responde a unha antiga demanda da veciñanza e das asociacións culturais locais, e marcará un antes e un despois na oferta cultural do municipio”.

Segundo explicaron, a intervención no Centro Cultural de O Viso completou o acondicionamento da platea e a dotación dunha nova instalación eléctrica e de iluminación escénica, así como dun sistema de seguridade e protección contra incendios.

Tamén se realizaron melloras de acústica, accesibilidade e eficiencia enerxética, convertendo o auditorio nun espazo moderno, seguro e multifuncional, preparado para acoller obras de teatro, concertos, recitais, cine e actividades sociais ou educativas.

O rexedor anunciou que o Concello de Carnota traballa xa nunha programación especial de Nadal coa que estreará o novo espazo, que se converterá nun dos principais motores da vida cultural local.

Durante a súa visita a Carnota, o presidente da Deputación e o alcalde visitaron tamén o Hotel Meiga do Mar, onde foron recibidos pola xerente do establecemento, Mónica Cambeiro.

O hotel, situado a poucos metros da praia de Carnota, é un establecemento de tres estrelas que se consolidou nos últimos anos como referente do novo modelo turístico do municipio, baseado no turismo sostíbel, de proximidade e de calidade.

O Hotel Meiga do Mar recibiu este ano 30.000 euros a través do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación, mediante dúas liñas de axuda que lle permitiron contratar a unha persoa e investir en melloras nas instalacións. Trátase dunha das 156 axudas PEL concedidas no municipio de Carnota durante a última década, dentro deste programa provincial de apoio ao emprendemento e á creación de emprego.

Formoso destacou que “iniciativas como esta demostran o potencial do turismo responsable na Costa da Morte e a capacidade do empresariado local para innovar e xerar emprego estable. É unha gran satisfacción ver como as axudas do PEL contribúen a crear emprego e a facer crecer os pequenos negocios”.

O establecemento conta ademais co único spa existente no municipio, o que lle permite atraer visitantes máis alá da tempada estival, reforzando o turismo durante todo o ano. En 2024 recibiu a certificación Q de Calidade Turística, outorgada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), que acredita a excelencia dos seus servizos e a súa aposta pola mellora continua.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.