A Comunidade de Montes de Baroña e asociación BarbanTEA participaron xuntas nunha xornada micolóxica

29 Outubro 2025

O pasado domingo 25 de outubro a Comunidade de Montes de Baroña organizou para a asociación de persoas con trastornos do espectro autista do Barbanza (BarbanTEA) unha xornada micolóxica no Local da Comunidade que constou, en primeiro lugar, dunha parte teórica no local da Comunidade para aprender sobre o mundo dos fungos da man do colaborador Jesús, e logo incluíu unha vertente práctica sobre recolección de cogomelos comestíbeis (en especial níscalos, moi abundantes tras as primeiras chuvias importantes do outono) no couto micolóxico de Baroña. Na saída de campo houbo marxe para coñecer in situ diferentes especies e cogomelos e aprender a identificalos e saber as características dos diferentes tipos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.