A Audiencia da Coruña condena a tres cazadores por agredir a un veciño de Boiro que lles pediu que non disparasen preto dunha casa

22 Outubro 2025

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condena a tres cazadores ao pagamento dunha multa, a cada un deles, de 540 euros por lesionar a un veciño de Boiro que lles chamou a atención por disparar a vinte metros da vivenda da que era a súa parella no momento de suceder os feitos. O tribunal considéraos autores dun delito leve de lesións do artigo 147.2 do Código Penal. Ademais, deberán indemnizar conxuntamente á vítima con 429 euros.

Na sentenza, a Sala relata que os acusados, en lugar de abandonar o lugar, agrediron ao afectado. En concreto, entende probado que un deles o agarrou do pescozo e o tirou ao chan, onde os outros dous sospeitosos lle propinaron patadas en varias partes do corpo e saltaron sobre as súas costas. Como consecuencia dos feitos, sufriu diversas contusións e erosións, das que tardou en curar 11 días.

Os maxistrados destacan que a proba practicada no xuízo “non resultou suficiente para enervar a presunción de inocencia” dos acusados. O tribunal descarta a tese da caída accidental que mantiveron os sospeitosos, pois asegura que quedou desvirtuada pola declaración dunha testemuña directa dos feitos. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.