A adaptación teatral de “Os dous de sempre” de Castelao estréase este venres no Auditorio de Rianxo

15 Outubro 2025

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle este venres 17 de outubro a estrea oficial da versión teatral da novela de Castelo, Os dous de sempre, a cargo de Excéntricas, Mofa & Befa e Quico Cadaval. Será ás 21.00 horas, con entrada de balde até completar capacidade (retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función, cun máximo de dous por persoa). Trátase dunha función abeirada á programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A única novela do artista máis senlleiro de Rianxo, Alfonso D. Rodríguez Castelao, Os dous de sempre, conta este 2025 cunha nova adaptación teatral a cargo do dúo cómico Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, baixo a dirección do veciño da nosa comarca Quico Cadaval (Ribeira, 1960).

Estamos perante a última proposta de Producións Teatrais Excéntricas, que conta co apoio da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas á creación escénica 2025.

Nesta nova versión das aventuras de Pedriño e Rañolas, completa o elenco interpretativo Josito Porto, en tanto que Carme Varela asina a dramaturxia; Baltasar Patiño, o espazo escénico e lumínico; Carlos Alonso, os figurinos; Bernardo Martínez, a música; e Sonia García, os materiais de fotografía e vídeo.

Producións Teatrais Excéntricas construíu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. Así, en anos anteriores o público puido gozar da teatralidade de O Porco de Pé, de Vicente Risco, ou de Auto do Castromil, de Manuel María, con máis de 120 funcións por toda a xeografía galega. Nesta ocasión, Mofa & Befa encárganse de dar vida a Pedriño e Rañolas, dous personaxes concibidos por Castelao na súa faceta de humorista gráfico. Amigos inseparábeis, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte un materialista conformista. O humor do polígrafo rianxeiro bebe da mesma fonte popular e rebelde que alimenta a traxectoria do dúo Mofa & Befa, herdeiro dos bufóns medievais, do circo, do cinema mudo e do cabaret. A súa relación rememora as grandes parellas cómicas e literarias da historia: Quixote e Sancho, Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros.

Indo á xira de Os dous de sempre, sinalar as primeiras datas confirmadas, desde a súa estrea o 17 de outubro no Auditorio Municipal de Rianxo, pasando por: Moaña (18 de outubro), Arteixo (día 24), Ourense (día 25, dentro do programa do Festival Internacional de Teatro), Sada (día 26) e Ames (día 31). En novembro chegará á Sala Artika de Vigo (do 1 ao 5) e a Narón (día 29). Xa en decembro, a Padrón (día 6) e Lugo (día 11).

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...