Unha nova fronte deixará chuvias este xoves 11, con descenso das temperaturas

10 Setembro 2025

Galicia recibirá este xoves 11 a chegada dunha nova fronte, menos activa ca do mércores. A xornada comezará con ceos cubertos e precipitacións que afectarán primeiro á metade oeste.

A partir do mediodía, os ceos quedarán parcialmente anubrados, con chuvascos que se irán estendendo ao resto da comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. (19-22 graos).

En canto ao vento, soprará do suroeste, con forza en Bares e intensidade moderada no resto. Xa pola tarde cambiará a compoñente oeste, mantendo intensidade moderada no litoral.

meteogalicia

O noso mar; vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.