Unha fronte deixará chuvias xeneralizadas a partir do martes 9 pola tarde

08 Setembro 2025

Galicia vivirá este martes 9 unha xornada de transición marcada pola chegada dunha fronte na segunda metade do día. A mañá comezará con ceos pouco anubrados e algunhas néboas locais, pero a nubosidade irá en aumento co avance das horas.

As primeiras precipitacións farán acto de presenza no noroeste xa a últimas horas da mañá e, pola tarde, as chuvias estenderanse de maneira xeneralizada por toda a comunidade.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. En canto ao vento, soprará do suroeste, en xeral frouxo, pero con intensidade moderada no litoral norte e noroeste, chegando a rexistrar intervalos fortes na contorna de Estaca de Bares.

O mércores seguirán as choiavs aínda que empezarán a diminuir a partir do mediodía.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.