“Un outro ano de vida na Torre de Hércules”. Antón Luaces

06 Setembro 2025

Unha rocha de 57 metros de altura serve de base na que se asenta a fermosa estrutura da Torre de Hércules, único facho da antigüidade grecorromana que, en certa medida, conserva a súa estrutura e que desempeña a función primixenia para a que foi deseñado: axudar á navegación marítima a se desenvolver nun espazo de perigos sen conto que mesmo levaron a edificar léndas que deron sona sen fin ao que hoxe en día é o faro romano en uso máis antigo do mundo. É proba da continuidade da ruta atlântica desde a súa organización , durante grande parte da Idade Media, e ata o seu considerable desenvolvemento nas épocas moderna e contemporánea.   

O de Hércules comezou a construirse entre os reinados de Nerón e Vespasiano. Probablemente foi proxectada polo arquitecto Caio Sevio Lupo, procedente da Lusitania. Este deixou  aos pés da Torre un epígrafe conmemorativo que aínda se conserva protexido por un pequeno edículo erixido a principios do século XIX, localizable na plataforma que serve de base ao monumento de 68 metros de altura total. O 27 de xuño de 2009 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

No reinado de Carlos III foi reconstruida totalmente, rematando a obra neoclásica en 1791 baixo a dirección do enxeñeiro militar Eustaquio Giannini.

O Instituto de Estudos Torre de Hércules xunto coa Polifónjca Coruñesa CANTICORUM, coa aprobación do concello da Coruña instituiron en 2014 celebrar cun acto musical que lembrase a declaración da Torre pola UNESCO de Patrimonio da Humanidade, celebración que este ano se leva a cabo na igrexa de Santo Nicolás da Coruña, ás 20,30 horas cun concerto protagonizado polo citado coro que, por segunda vez na historia após a súa estrea en 2014, interpretará o canto “Pedra de mar e vento” con música de Pablo Méndez Carreira e letra de Antón Luaces Teixido, orixinal da obra depositado no arquivo do concello coruñés en tempos de Javier Losada Azpiazu como alcalde. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.