Últimos días para inscribirnos nas formacións tecnolóxicas para persoas maiores de Muros

01 Setembro 2025

O Concello de Muros informou de que xa está na súa recta final o prazo de inscrición para as sesións de capacitación tecnolóxica que organiza no municipio a Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración de Servizos Sociais de Muros, co obxectivo de “mostrar ás persoas maiores de Muros como desenvolverse coas novas tecnoloxías”.

As sesións serán os martes 19 e 26 de agosto, e os mércores 20 e 27 de agosto, en horario de 10:00h a 12:30h na Aula CEMIT (Casa da Cultura na praza de San Pedro).

As inscricións poden facerse ata completar inscrición no 981 762 465 ou presencialmente no edificio de Servizos Sociais.

Esta formación está dirixida á independencia dixital das persoas maiores para levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma. Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móbil para que, de forma práctica, o alumnado poida experimentar unha aprendizaxe de utilidade e duradeira, capacitándoo para tarefas como solicitar unha cita médica, gardar quenda no seu Concello ou Centro de Saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar un teléfono móbil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.