UCIN pide ao Goberno local de Boiro que faga unha limpeza integral do parque cuberto da praza de Galicia

17 Setembro 2025

UCIN Boiro compartiu un comunicado no que denuncia publicamente a situación na que se atopa o parque cuberto da praza de Galicia, nas súas palabras “unha grave situación de insalubridade que afecta a un espazo utilizado diariamente por nenos e familias do municipio”. Sinalan tamén que “desde hai meses acumúlanse excrementos de pomba sobre a estrutura que cobre a zona de xogos, constituíndo un foco de infección que pon en risco a saúde dos menores”. Engaden que entre as enfermidades asociadas a esta situación “inclúense a psitacosis, histoplasmosis, criptococosis e mesmo a gripe aviaria”.

A agrupación apunta no comunicado que “esta problemática tamén se pode ver fóra o parque, dado que todas as rúas de Boiro presentan excrementos do devandito animal, incluíndo bancos públicos onde sentan decenas de persoas a diario, o que amplifica o risco sanitario para toda a comunidade”.

UCIN Boiro considera que o Concello está a abandonar as súas funcións en materia de mantemento, “priorizando a súa participación en actos festivos e eventos sociais mentres ignoran un problema que afecta directamente aos máis pequenos e vulnerábeis da comunidade”.

UCIN Boiro esixe “a limpeza e desinfección inmediata do parque, a instalación de medidas permanentes que impidan o acceso de pombas e a asunción de responsabilidades políticas por esta grave omisión”. E engaden: “Consideramos inaceptábel que un espazo público destinado á nenez estea en condicións que comprometen a saúde e seguridade dos usuarios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.