UCIN Galicia critica a falta de transparencia das mocións de censura e pide que se poña fin “aos pactos na sombra”

30 Setembro 2025

Ante os recentes cambios nas alcaldías de varios concellos galegos mediante mocións de censura e pactos difíciles de explicar á cidadanía, desde UCIN Galicia veñen de emitir un comunicado no que lanzan unha mensaxe clara: “A política municipal debe ser limpa, transparente e ao servizo da veciñanza, non dos intereses partidistas”.

Comentan que nas últimas semanas “observamos manobras políticas que, malia seren legalmente válidas, xeran dúbidas na sociedade sobre a súa lexitimidade democrática”. Poñen o foco en Ribeira, onde o Partido Popular recupera a alcaldía tras unha moción de censura ao BNG, apoiada polos concelleiros independentes do PBBI, unha manobra que situará a Mariola Sampedro (PP) como a nova alcaldesa; tamén lembran o caso de Noia, onde o PSOE toma a alcaldía ao PP, tamén mediante unha moción de censura; e en Fisterra, ondeLuis Insua accede á alcaldía nun contexto marcado por acusacións de transfuguismo e “pactos escuros”. Estes movementos políticos, sinala UCIN, “deixan no aire preguntas que a cidadanía merece ver respondidas”. Por exemplo: “Respectan estes pactos a vontade popular expresada nas urnas? Foron explicados con claridade antes de executarse?
Responden ao ben común ou a intereses persoais ou de partido?”
Desde UCIN Galicia, o seu coordinador José Luis Calo sinala: “As alcaldías non son premios políticos nin tronos de poder. Son espazos de servizo
público. A cidadanía ten dereito a entender por que se producen estes cambios e a sentirse parte activa da vida política local”.

E engade: “A política local non pode continuar movéndose entre sombras e despachos pechados, sen explicar nada á xente. Un goberno municipal só é lexítimo se se sustenta na confianza cidadá, na rendición de contas e na honestidade. Desde UCIN Galicia defendemos que cada moción de censura non só debe cumprir coa legalidade, senón tamén coa lexitimidade democrática, sendo explicada, motivada e compartida coa veciñanza”.

Avogan por non facer “máis pactos na sombra” e por apostar por unha “política honesta, que se fai con luz, transparencia e compromiso coa xente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.