A agrupación de teatro afeccionado Silvardeiras (Allariz) chega a Rianxo coa súa adaptación da obra teatral de Castelao Os vellos non deben de namorarse, no marco dos actos conmemorativos do Ano Castelao (1950-2025). A cita será este sábado 4 de outubro ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Terá unha duración de 90 minutos e trátase dunha adaptación para todos os públicos. As entradas serán de balde a até completar a capacidade.
Silvandeiras Teatro achega nesta obra a súa particular visión sobre a única peza teatral escrita por Castelao, datada en 1928. A peza, unha comedia negra chea de retranca, pon o foco nas consecuencias dos noivados establecidos sobre diferencias de idade insalvábeis, a través da historia dun home maior, don Anselmo, que se namora dunha moza chamada Mariña.




