Segundo día da peregrinación: encontro co Papa e envío á misión

29 Setembro 2025

A segunda xornada da peregrinación diocesana estivo marcada pola Audiencia Xubilar co Papa León XIV, na Praza de San Pedro. Os catequistas composteláns, xunto a miles de catequistas e peregrinos de todo o mundo, puideron ver de preto ao Santo Padre e escoitar a súa catequese, centrada na intuición como dimensión da esperanza e sensus fidei do pobo de Dios.

O arcebispo de Santiago renova a invitación ao Papa para visitar a cidade do Apóstolo

León XIV presidiu a Misa do Xubileu dos Catequistas, na que se celebrou o rito de institución de 39 novos catequistas, procedentes de distintos países. Cada un recibiu de mans do Pontífice unha cruz como signo de envío. Na súa homilía, o Papa subliñou que “o catequista é un discípulo que se converte en testemuña. É unha persoa de palabra, pero dunha palabra que pronuncia coa súa propia vida”. Engadiu tamén que o Catecismo é o “instrumento de viaxe” que axuda a custodiar a fe común de la Iglesia e evita a dispersión.

O Papa lembrou que “somos peregrinos de esperanza porque intuímos que algo nos espera, e facemos espazo na mente e no corazón para que Deus poida revelarse”. Dirixíndose especialmente aos catequistas, insistiu en que o seu labor non é un “adestramento”, senón “poñer no corazón a palabra de vida”.

Tras a celebración, o grupo diocesano, acompañado polo arcebispo mons. Francisco Prieto Fernández, atravesou a Porta Santa da Basílica de San Pedro, rezando xuntos o Credo #ante a tumba do apóstolo Pedro.

Xa pola tarde, os peregrinos visitaron os Museos Vaticanos e a Capela Sixtina, onde puideron contemplar a riqueza artística ao servizo da fe. Máis tarde, na igrexa romana do Sacro Corazón, monseñor Francisco Prieto ofreceu unha catequese aos catequistas de lingua hispana. Retomando as palabras do Papa, centrou a súa intervención en tres eixos: anunciar a Cristo vivo e resucitado, acompañar procesos de fe paso a paso e abrir ao horizonte da eternidade.

Nun ambiente de fraternidade, catequistas de diferentes países acolleron con entusiasmo as súas palabras, especialmente cando lembrou que a catequese debe ser un antídoto contra o medo e a desesperanza, e que os catequistas están chamados a acompañar con xestos sinxelos e con misericordia.

A xornada concluíu coa Eucaristía vespertina, presidida tamén por monseñor Prieto, na que participaron catequistas composteláns xunto a outros da arquidiocese de Chicago, animando a celebración con cantos. Antes de regresar ao lugar de descanso, houbo tempo para visitar a Praza de España, deterse #ante a estatua da Inmaculada e gozar dun xeado italiano.

Foi unha xornada intensa: o encontro co Papa León XIV na Praza de San Pedro, a Misa xubilar e o paso pola Porta Santa. Entre a emoción da Capela Sixtina e a catequese do arcebispo de Snatiago, descubriron que a misión do catequista é sementar esperanza con xestos sinxelos e coa vida mesma, como testemuñas humildes dunha fe que segue unindo linguas e corazóns nun mesmo canto.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.