Sábado 27. chegan os restos da borrasca ex-Gabrielle con choivas a partir do mediodía

26 Setembro 2025

Galicia estará este sábado, San Vicente de Paul, baixo a influencia da borrasca ex-Gabrielle, que se moverá cara ao sur situándose moi próxima á comunidade. Agárdase unha xornada con ceos cubertos por nubes de tipo medio e alto e con precipitacións máis frecuentes e intensas no oeste e sur, onde poderán ser localmente fortes.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas descenderán lixeiramente(20-23 graos máxima). O vento soprará do sur, frouxo con intervalos moderados en terra e con refachos fortes en zonas altas, virando a nordés durante a noite.

O domingo o ceo estará parcialmente nubrado e con momentos de alternancia de nubes e claros a partir do mediodía. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará moderado do nordés, forte entre Sisargas e Fisterra.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sueste á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.