Remata o Programa de Emprego Xuventude I dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra

30 Setembro 2025

Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra dan remate ao Programa de Emprego Xuventude I cunha entrega de diplomas na que participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal; e o xefe de Servizo de Formación e Cualificación para o Emprego da Coruña, Javier Campa García.

Este obradoiro configurouse como un programa experiencial de emprego e formación coa finalidade de mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social. Participaron un total de 15 alumnos e alumnas de entre 18 e 30 anos que recibiron formación en montaxe de equipos informáticos, operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos e a realización de operacións auxiliares con tecnoloxías da información e comunicación.

O alumnado recibiu formación teórica e tamén práctica coa que levaron a cabo traballos nas instalacións informáticas nas aulas do Centro de Formación de Espiñeira, na aula de informática da Biblioteca Municipal de Boiro, na aula da antiga escola de música do Campiño; aula de informática do auditorio de Rianxo… así como formación en módulos transversais para a procura de emprego.

O Programa de Emprego Xuventude I contou co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do mecanismo FSE+.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.