Portos e o Concello de Rianxo regularán a xestión da depuradora municipal

12 Setembro 2025

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo este venres 12 de setembro pola mañá unha reunión de traballo co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, para abordar vías de colaboración entre ambas administracións. No encontro acordaron que ambas partes subscribirán un convenio de colaboración que regule a explotación a cargo do Concello da depuradora e o tanque de tormentas.

Ambas infraestruturas xa existentes foron construídas en base a outro convenio asinado en 2018 por Portos de Galicia, o Concello de Rianxo e Augas de Galicia para facilitar esta instalación de interese público. A través do próximo convenio e a regulación da explotación da depuradora, Portos de Galicia contribúe a facilitar a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rianxo. O ente público enmarca estas xestións na vontade de colaboración institucional en beneficio dos usuarios dos portos autonómicos e do conxunto da veciñanza das vilas mariñeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.