Os socialistas de Rianxo, críticos co Concello pola xestión e tratamento da quinta fracción do lixo

12 Setembro 2025

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo emitiu un comunicado no que sostén que o Concello está a incumprir o servizo de recollida da 5ª fracción de residuos, “que fora anunciado polo propio alcalde no pleno para o 1 de setembro de 2025, en colaboración cos concellos de Pobra e Boiro”. No comunicado sinalan que “a realidade a día de hoxe é que o servizo non se puxo en marcha, incumprindo non só un compromiso público coa veciñanza, senón tamén a normativa estatal e europea, que establecía o 31 de decembro de 2023 como data límite para ter implantada a recollida separada de biorresiduos”.

O PSOE advirte que “os colectores adquiridos para este servizo están sendo empregados para outros usos, sen control, e atópanse nun estado de evidente deterioro, polo que, cando finalmente se active a 5ª fracción, os veciños e veciñas volverán atoparse con colectores rotos e en malas condicións”.

Os socialistas tamén din que nos últimos días detectaron que o servizo de recollida de lixo cesou de realizar o coñecido como “bolseo” en puntos concretos, “onde os veciños tiñan dificultade de levar as bolsas ós contedores habituais e dispuñan de contedores alternativos, e que o camión recollía, así como a recollida en determinados puntos habituais, que se viñan utilizando por cuestións de dificultade de acceso, distancia ou ausencia de pasos peonís seguros”.

Lembrar que a quinta fracción alude ao lixo que debe ser botado no contador marrón, destinado a refugar soamente residuos orgánicos biodegradábeis de orixe vexetal e/ou animal: materia prima para elaborar compost. Algúns exemplos de que pódese refugar no contedor marrón son: desperdicios de froita e verdura como peles, cascas ou sobras de comida; residuos de carne, peixe e pan; cascas de ovo, marisco, espiñas ou froitos secos; pousos de café e infusións; ou pequenos restos de xardinería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.