“Os nenos sempre pagan as consecuencias”. Antón Luaces

26 Setembro 2025

Coñecín tempos nos que, pola miña idade, non te preguntabas se todos os cativos cos que te xuntabas na rúa ou no parque, no colexio, etc., vivían coma tí e se os teus amigos vivían (que non era nunha outra dimensión moi distinta  a aquela pola que os coñecidos circulabamos) mellor. Daquela non había grandes discriminacións, pero sí diferencias. 

Pasados uns anos, comezaches a entender que, polo que fose, a diferencia existía, estaba alí e Franco en Madrid: meu amigo Fernando, de pais portugueses, camiñaba descalzo; Chano acudía con frecuencia ao cine; Paco devoraba “pellas” de gofio con aceite e azucre polas tardes; Mariano, dous anos maior que a min, traballaba de “botones” nunha tenda de  Chanray e sempre tiña no peto unha peseta das propinas que acadaba. E Reinaldo comezou a ir ao mar cando só tiña 11 anos e con moitas dificultades lía e escribía. Pero nas poucas veces que nos xuntabamos, eramos moi achegados e o que tiña un, era de todos.

Ata que chegou o momento das verdadeiras disçriminacións, case que sempre por culpa das familias, e cada quen foi afastándose do grupo: aprenderamos que había clases. E daquela, Roberto era fillo dun  adiñeirado notario; José María, descendente dun reputado comerciante; os pais de José Manuel tiñan un bar…

Ata que cada un foi collendo camiño de novas escolas ou, no seu caso, do posto de traballo que desempeñaría onde poidera.

Rememoro esta etapa da miña vida á vista dunhas moi duras imaxes de dous irmáns gazatís -un de once anos e outro de ano e medio ou dous que ía ás cabaleirogas do maior- que, fuxindo dun dos últimos ataques do exército de Israel ían na percura de seus pais, perdidos entre o xentío e sen saberen os uns dos outros por culpa das bombas, o fume e o medo, o catiivo maior berrando e chorando e o máis pequeno con ollos asombrados evidenciando non entender nada do que acontecía.

Eran imaxes servidas pola televisión que me trasladaron á guerra de Vietnam un día de bombardeo con bombas de napalm (o 8 de xuño de 1972) no que Kim Phùc foi alcanzada polo napalm que o exército estadounidense empregara durante a guerra sobre a poboación civil. A nena corría, espida, coa pel abrasada berrando de dór, convertida desde entón en todo un símbolo da sinrazón, como o é hoxe Palestina e, particularmente, a franxa de Gaza, escenario no que se desenvolvía a carreira destes dous irmáns que, finalmente, atoparon aos seus pais acubillados nunha tenda de lona para refuxiados. 

Ata cando, por que, con que xustificación?. 

Sempre os nenos da guerra. Coma os que, desde a España republicana pasaron a Francia créndo que aquí todo ía ser distinto e mellor. 

Mellor?…

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.