Os grandes retos para o futuro sustentábel do sector pesqueiro, a debate na IV Xornada de Pesca de Ribeira

12 Setembro 2025

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía-OPP83 (Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia-OPP83) organiza o vindeiro 19 de setembro a cuarta edición da Xornada de Pesca de Ribeira, que terá lugar na Escola Oficial Náutico-Pesqueira da localidade. A inscrición para participar estará aberta ata o 18 de setembro e pode realizarse por medio da web da OPP83.

O encontro reunirá a representantes da administración, expertos académicos e profesionais do sector para abordar os principais desafíos e oportunidades que afronta a pesca. O programa porá o foco na sustentabilidade: centrándose no análise socioeconómico do Pacto Europeo polos Océanos, que aborda de maneira integrada a reforma da Política Pesqueira Común e a descarbonización da frota.

Falarase tamén dos estudos elaborados polo IEO sobre o lirio e outras especies peláxicas, esenciais para a xestión sustentable dos recursos mariños.

A xornada dará comezo ás 9.30 horas coa participación de autoridades como o director xeral de Pesca Sostible do MAPA, a xerente da OPP83 e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen dará por inaugurada a IV Xornada de Pesca de Ribeira.

Ao longo da mañá sucederanse relatorios, mesas redondas e espazos de debate nos que intervirán voces de referencia de ámbito europeo, español e galego.

O evento chegará ao seu fin arredor das 13.30 horas coa exposición de conclusións e coa clausura institucional a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Posteriormente ofrecerase aos asistentes una degustación de produtos pesqueiros da OPP83.

A IV Xornada de Pesca de Ribeira está integrada no PPeC 2025 da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira e conta coa financiamento por parte da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.