O Tintubro chega novamente a Ribeira para os amantes do debuxo

26 Setembro 2025

A concelleira de Xuventude de Ribeira, Antía Alberte xunto coa ilustradora e deseñadora Thais Forjan, presentaron a segunda edición de Tintubro, un reto de debuxo que se fai nas redes sociais en especial en Instagram seguindo unha listaxe de palabras. “En concreto, trátase de elaborar un debuxo diario a tinta ou noutras variedades menos en intelixencia artificial”, explicou a concelleira, engadindo que nesta segunda edición continúan as mesmas bases do ano pasado: “Trátase de facer o reto completo para poder participar no sorteo que se fará ao final do mesmo; haberá que ter unha conta aberta en Instagram para que dende as redes de Xuventude poidamos contrastar que se cumpre o reto por parte das e dos participantes e sempre etiquetando ao Instagram de @xuventude_ribeira xunto cos cancelos #tintubroderibeira2025 e #xuventuderibeira”.

Ao finalizar o reto farase o sorteo con tódalas contas participantes das cales tres serán as gañadoras. A elas entregaráselles cadanseu bono valorado en 75 euros para gastar nunha tenda de belas artes de Ribeira.

Antía Alberte tamén informou que as contas de Instagram poden ser con nomes ficticios: “Isto facémolo para facilitar que xente nova que é menor de idade poda participar no reto”. Para finalizar a súa quenda de palabra a concelleira animou a toda a xuventude a participar e recomendou facer o traballo en A5 e ir directamente a primeira idea que xurda para que sexa máis sinxelo para desenvolver o debuxo tódolos días, “porque somos conscientes que é duro facer un debuxo diario e seguir na constancia”.

Este ano como novidade vaise participar na listaxe do Tintubro que elaboran Thais Forjan e Elena López que son moi coñecidas nas redes sociais polo Tintubro galego.

Forjan falou que o seu proxecto de Tintubro comezou no 2021, “con gañas de organizar algo e facer un pouco de rede entre outra xente interesada pola ilustración e o debuxo coma nós”. A deseñadora salientou que o reto está inspirado no InkTober , “só que nós lle dimos un reviravolta para que o reto se fixera máis ameno, polo que decidimos facer dúas formas de xogar; por unha parte conservar a orixinal e facer un debuxo por día ou xogar en grupos de seis”. Par rematar Thais Forjan sinalou que o cartaz coa listaxe está dividido en cinco temáticas, “máis o Samaín que vai aparte”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...