O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 acada unha inserción laboral do 60% en Boiro, Rianxo e A Pobra

29 Setembro 2025

Unha inserción laboral do 60% é a cifra acadada polo Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra.

Emporiso, para chegar a esta porcentaxe do 60% de empregabilidade leváronse a cabo actividades formativas encamiñadas aos sectores produtivos con máis demanda de persoal na comarca do Barbanza e actuacións de intermediación laboral. As insercións acadáronse principalmente na industria alimentaria, supermercados, comercio e atención ao cliente, restauración e hostalería, almacéns, postos administrativos e limpeza.

Esta edición do Programa Empregado de Emprego estivo destinada a 100 persoas desempregadas da comarca que participaron en actividades formativas para mellorar a súa cualificación profesional e formarse en técnicas para busca de emprego. Durante o desenvolvemento do Programa posibilitáronse prácticas para un total de 31 dos participantes e, un 20%, conseguiron traballo grazas a elas.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.