O PPdeG destaca en Dodro a importancia da prevención contra os incendios e lembra que xa se poden solicitar as axudas para afectados

06 Setembro 2025

Os deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez salientaron hoxe, durante unha visita ao monte veciñal en man común Cruz de Avelá, en Dodro, a relevancia dos traballos preventivos na loita contra os incendios forestais.

Acompañados polo membro da Xunta reitora da comunidade de montes, Pablo Rial, e por varios comuneiros, puxeron en valor accións como a creación de áreas cortalumes ou a introdución de gando para o control da biomasa vexetal. Segundo lembraron, o Goberno galego destinou este ano arredor de 50 millóns de euros a prevención, o que supón un incremento do 35 % con respecto a hai dez anos.

Tras a vaga de lumes rexistrada en agosto, os deputados populares animaron ás persoas afectadas a solicitar canto antes as axudas dispoñibles para recuperar vivendas, explotacións agrarias e gandeiras ou negocios. “O Goberno galego estivo, está e estará ao carón dos afectados, tanto no momento no que ardía o monte como agora, poñendo á súa disposición un completo paquete de axudas”, subliñaron.

Oficinas de información e destino das axudas

Desde o 1 de setembro xa se poden tramitar as solicitudes a través das 17 oficinas de información repartidas por toda Galicia, así como no teléfono 012.

As achegas poderán destinarse á reconstrución de vivendas e reposición de mobiliario, reparación ou substitución de maquinaria e equipamento agrario, compra de alimentación complementaria para gando ou colmeas, indemnizacións por perdas de animais e reparación de infraestruturas danadas, como pistas forestais, captacións de auga ou peches.

Rodríguez e Pérez fixeron un chamamento a “valorar os danos e facer as correspondentes solicitudes, tendo presente o compromiso da Xunta de axilizar ao máximo a tramitación para que os afectados poidan recuperar canto antes a súa normalidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.