O persoal de SEAGA roza 350 parcelas particulares en Isorna e Leiro

18 Setembro 2025

A entidade pública forestal SEAGA comezou esta semana os traballos de roza dunhas 350 parcelas particulares das parroquias de Isorna e Leiro, segundo confirmou o alcalde rianxeiro Julián Bustelo. Trátase de parcelas situadas en faixas de protección cuxos titulares asinaron previamente un convenio con esta entidade para a execución destes traballos de limpeza.

O rexedor explicou que o Concello solicitou nunha xuntanza co persoal técnico de SEAGA celebrada este mesmo mes de setembro, no marco do convenio asinado entre a FEGAMP e a Administración autonómica, a inclusión das restantes parroquias do municipio – Araño, Taragoña, Rianxo e Asados – nas denominadas “parroquias priorizadas”. Desta maneira os veciños e veciñas titulares de parcelas situadas en faixas poderán acceder tamén a este tipo de acordos.

O Concello engadiu tamén que dende o Concello de Rianxo se lle trasladará en datas vindeiras á Consellería de Medio Rural unha serie de expedientes relativos a fincas cuxos propietarios e propietarias veñen incumprindo de maneira reiterada a obriga de mantelas limpas. A Consellería de Medio Rural, a través tamén de SEAGA, poderá efectuar de maneira subsidiaria as limpezas trasladándolle posteriormente os custos ás persoas titulares.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.