O Pazo de Goiáns acolle o domingo 21 de setembro o IX Trail dos Indios – Castelo de Vitres

17 Setembro 2025

O Pazo de Goiáns será escenario este domingo 21 de setembro da IX edición do Trail dos Indios – Castelo de Vitres que organiza o Club Tribu Trail. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Xosé María Rodríguez, membro do club.

A proba sairá e terá a meta no Pazo de Goiáns e consistirá nun trail de dificultade elevada que transita por sendeiros e zonas moi rochosas así como beiras de ríos, polo que está pensada para persoas dun nivel físico medio-alto. “Trátase dunha proba moi dura pero que transcorre pero moi vistosa polos lugares polos que transcorre”, afirmou o concelleiro.

Este ano contará con tres percorridos para adaptala aos distintos niveis e contará con de 25 quilómetros, outro de 15 e outro de 9.5, ademais de unha carreira nas inmediacións para os mais pequenos. “A gran novidade deste ano é que a saída se vai facer dende o Pazo de Goiáns, un enclave patrimonial do noso municipio que da un valor engadido á proba”, afirmou Xosé María.

As inscricións para este ano están xa pechada e contase con récord de participación alcanzando os 533 participantes.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.