O festival Rock in Rian encherá Rianxo de música os días 5 e 6 de setembro

02 Setembro 2025

O Festival Rock in Rian celebra os días 5 e 6 de setembro no parque da Galicia de Rianxo a súa XVII edición. A Asociación Cultural Festival Rock in Rian organiza esta cita que reivindican (principalmente) a música en galego, mesturando grupos galegos e locais con outros de sona nacional e internacional.

A banda Boikot e os portugueses Kumpaia Algazarra forman parte dun cartel no que tamén destacan as actuacións de Dakidarría ou Rebeliom do Inframundo. A Banda da Loba, Lisdexia, High Paw, Nadie González, Collón de Lola estarán tamén no parque da Galiza de Rianxo os días 5 e 6 de setembro, xunto con DJ Rapante, La Duendeneta e Maruxa e Coralia.

O festival contará tamén coa actuación de The Twinpims, unha banda de rock procedente de Vigo, gañadores do IV Concurso de Bandas Emerxentes organizado pola asociación co obxectivo de que bandas noveis compartan palco con outras xa consolidadas. Como noutras ocasións, completan o cartaz os grupos locais Buxaina, Fogo Fatuo, Vai de Roda e Rio de Anxo.

O Festival Rock in Rian sae tamén á rúa con actuacións polas rúas do pobo tanto o venres como o sábado. Haberá pasabares, espectáculos de rúa, clasificatoria da Liga CeibaRimas 2025… Ademais, contará cunha zona de acampada gratuíta, un espazo gastronómico e unha feira de artesanía.

As entradas están xa á venda en www.festivalrockinrian.gal, tanto o abono de dous días como as entradas por días. A liña de roupa oficial do festival 2025 está dispoñíbel nas mesas da Asociación que se instalan en Rianxo en datas sinaladas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...