O deportista noiés Miguel Castiñeira, campión de Europa de “light contact 2025”

22 Setembro 2025

O deporte noiés volveu facer historia esta pasada fin de semana. O mozo noiés Miguel Castiñeira Castro, do Club ITF Noia, vén de proclamarse campión de Europa no Campionato de Europa Wako celebrado en Jesolo (Italia), representando á selección española.

Tras unha tempada chea de esforzo e grandes resultados, Miguel acadou finalmente a recompensa máxima, impoñéndose na categoría cadete menor -52 kg nas modalidades de light contact e kicklight.

O Campionato de Europa de Kickboxing celebrouse entre o 12 e o 21 de setembro en Italia, na cidade de Jesolo.

En ambas as modalidades Miguel comezou na rolda de dezaseisavos.

En kicklight empezou gañando a Irlanda e Bulgaria, cedendo ante Italia nos cuartos de final nun combate axustado e quedando ás portas das medallas.

Na modalidade de light contact tamén arrancou nos dezaseisavos contra Irlanda, á que venceu de maneira contundente, resultado que repetiría combate tras combate gañando a rivais de toda Europa e con maior experiencia internacional e mellor colocados no ranking mundial. Desta forma, venceu a Gran Bretaña nos oitavos, a Bulgaria en cuartos e a Eslovenia por partida dobre en semifinais e final para conseguir o ouro e coroarse como campión de Europa de light contact 2025.

En palabras do club, “este resultado é froito do traballo incansable durante numerosos adestramentos e competicións que Miguel acumula á súa corta idade de 14 anos e desde o club solo nos queda darlle a noraboa por este resultado e animalo a continuar con esta actitude”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.