O Concello de Rois pon en marcha a partir do luns 8, o servizo de Ludoteca escolar no CPI Os Dices

03 Setembro 2025

O Concello de Rois activará o vindeiro luns, 8 de setembro, o servizo de Ludoteca escolar no CPI Os Dices, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias xa dende o primeiro día de clase.

O programa funcionará inicialmente en horario de 14.40 a 16.40 horas durante o mes de setembro, coincidindo coa saída do alumnado. A partir de outubro, o horario podería variar en función da programación definitiva das actividades deportivas e culturais municipais.

Ademais, o Concello ofrece tamén a posibilidade de abrir a Ludoteca no colexio de Urdilde a partir de outubro, sempre que se inscriba un número mínimo de menores. O prazo de matrícula continúa aberto para as familias interesadas.

Desde o Concello lembran que os nenos e nenas que participen na Ludoteca do CPI Os Dices non poderán utilizar o transporte escolar á saída do centro. As familias deberán comunicar á dirección os días nos que non empreguen o autobús, entregando o formulario habilitado antes do luns a primeira hora. Do mesmo xeito, aquelas que non utilicen transporte deberán presentar unha autorización para que o persoal da Ludoteca poida recoller aos menores.

Con esta iniciativa, o Concello de Rois busca reforzar os servizos de conciliación e apoiar ás familias no inicio do novo curso escolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.