O Concello de Rianxo retoma as súas actividades de envellecemento activo e abre as inscricións para o novo curso 2025/2026

10 Setembro 2025

O Concello de Rianxo dá continuidade ao seu Programa de Envellecemento Activo e abre as inscricións para o novo curso 2025/2026, con actividades (gratuítas) a desenvolver dende este mes de setembro até o mes de xuño de 2026. Este programa, que comezou como un proxecto piloto na parroquia de Rianxo, está orientado a “ampliar a esperanza de vida activa e saudábel para persoas maiores”, informou o Concello, engadindo que tamén se busca “contribuír a aumentar o máximo posíbel a súa autonomía persoal á vez que serve como medida de detección precoz de posibles deterioros cognitivos”. Entre as novidades deste curso que axiña comeza está o cambio de horario dos grupos de Taragoña e Leiro, así como a ampliación dos grupos en Isorna. Ademais, en marzo do ano pasado o Concello achegou un investimento de algo máis de 11.000€ para chegar a máis parroquias e dar servizo a preto dun centenar de persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.