O Concello de Muros abre o prazo de preinscrición nas Escolas Deportivas Municipais con modalidades para todas as idades

08 Setembro 2025

O Concello de Muros abriu este luns 8 de setembro (e ata as 14.00 horas do 18 de setembro) o prazo de preinscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2025/26.

As escolas desenvolveranse en Esteiro (Pavillón Xosé Lago); Muros (Pavillón de Miraflores); Louro (CEIP Louro); Abelleira (Centro de Surribos), e Torea (Casa Reitoral).

Haberá clases de ximnasia de mantemento; actividades predeportivas; baloncesto; fútbol sala; patinaxe; xadrez, e bádminton.

“Impulsamos unha oferta variada para que o conxunto da veciñanza se anime a facer algún tipo de actividade deportiva, promovendo os hábitos de vida saudables para persoas de calquera idade”, asegura Damián Torea, concelleiro de Deportes.

A preinscrición debe facerse nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o formulario habilitado.

No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

O 22 de setembro publicaranse os horarios, pero para a consulta telefónica dos mesmos habilítanse os seguintes teléfonos: 682 212 336 (Pavillón de Miraflores) e 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros).

O prazo de matrícula será do 23 ao 29 de setembro de 2025 e o inicio das actividades está previsto para o 6 de outubro.

Podemos consultar as bases completas das Escolas Deportivas de Muros na sede electrónica municipal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.