O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais para o curso 2025-2026, nas que oferta un total de oito modalidades: voleibol e tenis de mesa (luns), baloncesto e tenis (martes), fútbol sala e psicomotricidade (mércores), predeporte (xoves) e bádminton (venres).
As clases impartiranse en horario de 14:35 a 15:35 horas nas instalacións do CPI Cernadas de Castro e no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. As preinscricións poden facerse dende este mates 9 de setembro en www.bandoticket.com. Quen precise máis información pode contactar coa oficina municipal de Deportes (Casa da Cultura) ou ben chamando ao 981 82 57 80.




