O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un obradoiro de cerámica castrexa

11 Setembro 2025
Castros de Neixón

Será no Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado na contorna dos Castros de Neixón (Concello de Boiro), onde se leve a cabo un obradoiro de cerámica castrexa para persoas adultas. A actividade terá lugar o sábado 27 de setembro cunha duración total de seis horas.

Indo á xornada, as persoas participantes poderán mergullarse na tradición da cerámica da Idade do Ferro, aprendendo técnicas tradicionais de modelado e decoración. Cada persoa elaborará unha peza inspirada na cultura castrexa, guiada polas explicacións de Sandra Obarrio Fernández, da Fundación Terra Termarum Castrolandín.

Engadir que o horario da actividade será de 11 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse mediante a web do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.