O BNG mostra o seu apoio ás familias de Ribeira e esixe máis profesorado para os colexios públicos

24 Setembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego emitiu un comunicado no que anuncia a súa intención de “continuar apoiando á comunidade escolar de Ribeira e reclamando que a Xunta de Galiza dote os centros de ensino público do profesorado necesario para garantir unha atención axeitada a todo o alumnado”. Critican tamén ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, “por negarse a recoñecer que hai problemas en moitos centros públicos e que esa falta de profesorado deteriora a calidade educativa dos nenos e nenas, especialmente aqueles que teñen máis dificultades”, sinalaron.

Como lembraremos, este martes 23 de setembro, unha representación da ANPA do CEIP O Grupo, acompañada da concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, estivo no Parlamento galego coincidindo coa comparecencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre o inicio do curso escolar. “A situación que atravesa o colexio do Grupo é especialmente grave, ao carecer nun curso de terceiro de Primaria de titor ou titora, o que obriga a repartir a docencia entre profesorado doutros niveis en detrimento do funcionamento normal do colexio”, lembráronlle ao conselleiro, cuxas declaracións recriminando que as anpas estean manipuladas por partidos políticos indignaron á asociación de nais e pais.

A deputada do BNG lembrou no debate parlamentario que “non se trata dun caso illado, senón que existen escolas e institutos en máis de 50 concellos de Galiza con problemas semellantes, como os de Ribeira, afectados pola falta de profesorado e polo deficiente mantemento das instalacións”. Tamén reclamou “máis medios para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais, especialmente no concello de Ribeira, onde a situación é particularmente urxente”.

A concelleira ribeirense Cruz Rivadulla asegurou que o BNG defende unha educación pública de calidade, inclusiva e con ratios adaptadas á diversidade do alumnado. “Non é admisíbel que mentres a Xunta destina 350 millóns de euros a financiar a educación privada, os colexios públicos funcionen con carencias de profesorado que prexudican directamente ao alumnado”, subliñou.

Ante todo isto, o Bloque comprométese a seguir acompañando ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa de Ribeira na defensa dun ensino público forte, con recursos suficientes e capaz de garantir igualdade de oportunidades para todos e todas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.