O BNG acada o acordo do Parlamento para que a Xunta poña en funcionamento con todos os recursos a BUO de Rianxo antes de rematar o ano 

26 Setembro 2025

O BNG acadou o acordo unánime do Parlamento para que a Xunta poña en funcionamento con todos os recursos a Base de Unidade Operativa (BUO) de extinción de incendios de Rianxo antes de rematar o ano.

A deputada Rosana Pérez defendeu na comisión parlamentaria de Agricultura unha iniciativa que, recalcou, insta ao Goberno do PP a abrir a BUO “nas condicións que ten que abrir”, logo de criticar ao Executivo que “abrise a base pola porta de atrás en plena vaga de lumes”. Tamén criticou “o atraso de tres anos dende que se anunciara a súa posta en funcionamento”. E comentou: “O 7 de agosto abriron a base a medio rematar e pola porta de atrás porque había un problema no país cos lumes e para dicir, sen máis, que estaban aí”.

“Agradézolles o voto favorábel porque o que están votando vostedes é que se abra a BUO, pero que se abra nas condicións que se ten que abrir, antes de rematar este ano e, veremos aínda”, afirmou Pérez, ao tempo que criticou na súa intervención “os reiterados incumprimentos da Xunta a respecto dunha base que anunciou en novembro de 2022, logo dos incendios daquel verán, no que a comarca do Barbanza fora unha das máis afectadas”.

Segundo dixo, “pese a este anuncio, as obras non comezaron até maio de 2023 e aínda que a base ía entrar en funcionamento en novembro dese ano -o que xa facía imposíbel a súa operatividade para ese verán, tal e como se comprometera-, o Executivo tampouco foi quen de rematalas en prazo”. Engadiu que “a comezos de 2024 e en plena campaña electoral, o Goberno do PP volveu anunciar que a BUO de Rianxo estaría operativa para a tempada de alto risco dese mesmo verán, cunhas obras que, neste caso, rematarían no primeiro trimestre dese ano, e tampouco foi así”.

A pregunta do BNG polo novo retraso, a Xunta responde o 9 de outubro que as obras rematarían a finais de 2024 e que a base entraría en funcionamento no primeiro trimestre de 2025, un compromiso que Pérez dixo que “quedou novamente quedou incumprido”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...