O Bar Plaza de Ribeira coordina unha campaña para axudar ao mozo palestino Bahaa Al Aryan e á súa familia no medio da masacre de Gaza

18 Setembro 2025

Dende o Bar Plaza de Ribeira veñen de compartir con nós información sobre a campaña solidaria SOS 50, destinada a axudar aos integrantes da familia de Bahaa Al Aryan, mozo palestino co que manteñen continua comunicación o hostaleiro Antonio Lijó e máis Natalia Míguez. O obxectivo é permitir que sobrevivan, no medio da masacre perpetrada contra Gaza dende o Estado de Israel, os 50 membros da familia de Bahaa (de aí o nome da campaña), entre adultos e rapaces menores de idade. Dende o Bar Plaza, rexentado por Tucho na praza de Compostela, están a coordinar a iniciativa solidaria e cidadá, que inclúe o envío de cartos cada sábado á familia. Quen desexe colaborar coa recadación de recursos pode facelo a través do peto do Plaza, por Bizum (no 686 567 788) ou a través do código QR que se inclúe no cartel da campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.