O 19 de outubro celébrase unha nova edición da Andaina Solidaria contra o Cancro de Porto do Son

29 Setembro 2025

O 19 de outubro Porto do Son redobra a súa aposta solidaria. Farao cunha nova edición da Andaina Solidaria contra Cancro de Porto do Son (a, co fin de recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro e para seguir investigando na enfermidade. A cita será como dixemos o 19 de outubro, con saída ás 11.00 horas dende o paseo marítimo. O percorrido será o seguinte: Igrexa – Faro Cabeiro – Paseo marítimo.

O custe será de 5 euros para persoas adultas e de 3 euros para nenas e nenos de até 12 anos de idade. As inscricións deberán facerse en liña. Por certo que quen non poida asistir, tamén pode colaborar co Dorsal Solidario dispoñíbel na Rede. Na edición do ano pasado, a cuarta, participaron máis de 300 persoas, incluído o alcalde, Luis Oujo, e máis a conselleira de Política Social, Fabiola García, aos que se sumaron (tamén) as e os integrantes da comunidade Amicos, entidade inclusiva do Barbanza.

Novamente a recadación destinarase integramente á AECC para reforzar o seu traballo de investigación e divulgación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.