“Medo ao lume” – Xulio Xiz

08 Setembro 2025

O lume fóra de control arrepíanos. O meu primeiro incendio vino en Vilalba, nos anos cincuenta, nunha zapatería que ardeu durante un par de días, e o terceiro aínda fumeaba. En tempos só había bombeiros en Lugo, así que para sufocar incendios na maior parte da provincia estaban os veciños e a divina providencia. Por iso cando abriron as portas de Portugal hai medio século, foi sorpresa grande ver que en calquera pobo existían bombeiros voluntarios para loitar contra o lume.

Este agosto o lume entrou nos fogares e nas almas, transmitido polas canles da televisión, queimando montes e casas, vidas e tranquilidades, evidenciando a nosa fraxilidade diante da natureza desbocada. E todo cambiou para nós. Xa non poden seguir tranquilos os urbanitas nin os do rural; xa non vale que para o campo se contraten temporeiros; xa non parecen valer os cortalumes, os avións, os traballadores esforzados, e mesmo o Exército, que ten en causas coma esta a súa máis humana aplicación.

Agora mesmo, os gobernos cavilan axudas para as traxedias valuables, os afectados lamben as feridas, os que salvaron aprenderon a desconfiar do verán, e todos tememos que o ceo caia sobre as nosas cabezas por calquera das catástrofes coñecidas mentres algúns políticos buscan o mellor xeito de aproveitar o noso desconcerto.

E asi estamos, pedindo auga ou árnica. Se a solución son os bombeiros, teñámolos todo o ano no rural. Pero a solución verdadeira é que non se prenda lume, que se coide o monte, que reviva o rural, que se faga prevención. Se fai falla un pacto de estado, que se faga. Porque hai moito que facer, moito que razoar, moito que traballar. E a cousa está que arde.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.