Martes 30, remata setembro con tempo estable e sol

29 Setembro 2025

No derradeiro día de setembro, San Xerome, Galicia seguirá baixo a influencia do anticiclón. Agárdase un ceo despexado con nubes altas, que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un pequeno ascenso (24 a 27 graos). O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos moderados no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.