Martes 23, primeiro día do outono, ceos máis despexados e lixeiro ascenso das temperaturas

22 Setembro 2025

Arousa e Muros- Noia:
Martes de ceos máis despexados e lixeiro ascenso das temperaturas nas Rías Baixas

Santiago e comarca:
Neboeiras matinais e tempo máis aberto ao longo do día en Santiago

Galicia quedará este martes 23, baixo a influencia das altas presións centradas nas Illas Británicas. A xornada comezará con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte, onde non se descarta algún chuvasco illado. Co avance do día, os ceos alternarán nubes e claros, quedando máis despexados canto máis ao sur da comunidade.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos, (21 a 24 graos) mentres que o vento soprará do nordés, con intensidade moderada no litoral e máis frouxo no interior.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.