“Lugares de Memória Democrática: o pobo é quen máis ordena”. Antón Luaces

14 Setembro 2025

Como representante unívoco dos dereitos do pobo, a Xustiza pon en mans deste o que a familia Franco desfrutou ilegalmente durante preto de 40 anos: o Pazo de Meirás e a Illa de San Simón -xunto coa tamén veciña illa de San Antón, na que residían os guardiáns- realizan agora o camiño cara á súa declaración como Lugares de Memória Democrática.

Así o especificou recentemente o Boletín Oficial do Estado (BOE) cando facía mención á incoación duns expedientes que, oficialmente, deben estar rematados antes dun ano. Ambos os lugares serán inscritos provisoriamente no inventario de Lugares onde, pola súa singular relevancia histórica e simbólica teñen gañado un lugar propio. A Guerra Civil e a Ditadura así os cualifica. 

Non hai ningunha explicación a que as Torres de Meirás seguiran nas mans da familia Franco 45 anos dempois  da morte do xeneral ferrolano. Sería, segundo o expediente que dictaminou  que o pazo era propiedade do Estado e declarou nula e sen efecto a “doación persoal” de Francisco Franco á súa familia, que tal feito era un reflexo das “carencias do proceso democrático español para enfrontar o seu pasado ditatorial” corrixido en novembro de 2024 polo xulgado de primeira instancia número 70 de Madrid, que entregaba á Administración Xeral do Estado a totalidade dos bens reclamados (centos, entre obxectos e patrimonio documental) que permanecían no Pazo e que os Franco consideraban seus.

O Pazo de Meirás foi residencia de verán do ditador entre os anos 1938 e 1975, símbolo -sinalaba o BOE- referencial da ditadura franquista, centro do poder e, ao mesmo tempo, expresión da rapiña do seu novo propietario. O 5 de decembro de 1938, a denominada Xunta Pro-Pazo do Caudillo, fixo entrega a este da finca que fora propiedade da escritora galega Emilia Pardo Bazán . A superficie desta finca foi ampliada  gañando terreo aos veciños , seus lexítimos propietarios (eu tiven nas miñas mans un recibo cuxa titularidade correspondía a un dos membros da veciñanza das Torres, no que constaba mesmo a cantidade pagada á citada Xunta, integrada esta polo gobernador civil e varios alcaldes da provincia da Coruña “mediante técnicas represivas e coactivas”. 

A todo esto deben sumarse as  apropiacións de elementos públicos e privados , desde estatuas románicas e pías bautismais , tapices, etc.

O proceso xudicial permitiu recuperar as Torres para o patrimonio estatal. E o Pazo de Meirás representa hoxe non só un espazo de memória, senón tamén unha vitoria da xustiza , a seguridade e os valores democráticos fronte á impunidade do franquismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.