“Lugar de memoria”. Xulio Xiz

11 Setembro 2025

Neno da postguerra, capáronme a memoria. Educáronme en castelán cando arredor se vivia en galego. A miña rúa tiña nome de Xeneral, Mola. Os libros de historia acababan no 1936 cando “o caudillo Franco salvara a patria”. Nunca se falaba da Guerra; todo o máis citábanse os “escapados” que foron caendo nos montes un a un. Quérese declarar “Lugar de memoria” o Vello Cárcere, e está ben se aos rapaces de hoxe se lles fala daquela historia onde todos resultamos perdedores.

Houbo en tempos en Ramón Ferreiro unha escultura de Puchades que homenaxeaba aos Caídos dun lado, pero os outros mortos tamén eran nosos. E ese lugar pode ser un lugar de memoria onde se honre a todos os mortos dun conflicto incivil. Poderíase declarar lugar de memoria a zona preto desta onde soaban os fusís anunciando mortes. E moitas cunetas, o mesmo que en Guitiriz hai un monumento aos que traían da Coruña para matalos lonxe da súa raiz.

Lugar de memoria ten que ser calquera lugar onde houbo alguén que sufríu , onde se roubou vidas ou facendas, onde o mestre Arximiro tiña a escola, onde os mortos de Montecubeiro… lugar de memoria tiña que ser todo o país para rehabilitar persoas, clarificar ideas, mentalizar sobre o valor da liberdade; para explicar de verdade a nosa historia. Porque aquí “pasou o que pasou”, como se dicía en tempos cando diso era mellor non falar, e esta explicación agora hai que dala nas escolas e na vida, e non nola poden dar os políticos, senón os historiadores independentes que conten o que aconteceu, e por que… para chegar á conclusión que nunca son bos os extremismos e que a memoria ten que valer para algo.

Outros artigos

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 277,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.