Investigan a un menor de 15 anos por conducir un tractor no Barbanza acompañado da súa nai

06 Setembro 2025

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga a un menor de 15 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, así como á súa nai, que o acompañaba, como cooperadora necesaria.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Santiago de Compostela detectou un vehículo agrícola circulando por unha vía secundaria da comarca do Barbanza. Os axentes comprobaron que o condutor aparentaba ser menor de idade e procederon a deter a marcha do tractor.

Tras identificar os ocupantes, confirmouse que o mozo, de 15 anos, ocupaba o posto de condución, mentres que a súa nai viaxaba ao seu carón.

A Garda Civil investígalle un delito contra a seguridade viaria, que pode carrexar penas de prisión de tres a seis meses, multas de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. Pola súa parte, a nai enfróntase tamén a un posible delito como cooperadora necesaria.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.