Galuriña, de Esteiro, distinguida nos XVI Premios de Excelencia á Innovación do Ministerio de Agricultura e Pesca

08 Setembro 2025

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación deu a coñecer as destinatarias dos XVI Premios de Excelencia á Innovación. Entre as galardoadas atópanse as mulleres cooperativistas do sector alimentario, que recibirán o premio honorífico do dito galardón (Premio de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais) polo seu labor colectivo e por constituír un referente para toda a sociedade e as novas xeracións.

Ademais, o ministerio outorgou os premios desta edición nas súas catro categorías, con tres galardóns por modalidade, dotados con 18.000, 12.000 e 7.500 euros respectivamente.

Esta iniciativa reforza o compromiso do Ministerio coa igualdade de xénero, o acceso das mozas á actividade agraria e a diversificación económica como ferramenta para frear o despoboamento rural.

Na categoría de Premio de Excelencia á Innovación na Actividade Pesqueira ou Acuícola resultou galardoada co segundo premio María del Carmen Sánchez Sánchez (Galuriña, Esteiro, A Coruña) polos seus produtos de panadería enriquecidos con macerados de algas propias. O seu negocio (Galuriña) consiste nunha empresa especializada en masa con algas: empanadas con peixes, mariscos e a gama vegana e pizzas de diferentes sabores. Traballa con algas tipo himanthalia, wkame, ulva e nori, todas elas certificadas como recolectores polo CRAEGA (organismo de certificación de produtos ecolóxicos en Galicia) .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.