Este sábado comezan as Festas de Ribasieira en Porto do Son

22 Setembro 2025

A festa non descansa en setembro no Barbanza. Sen ir máis lonxe, esta fin de semana vanse celebrar en territorio sonense as Festas de Ribasieira, o sábado 27 e o domingo 28 de setembro. Haberá actividades variadas: deportivas e de lecer, relixiosas e musicais.

No plano relixioso, honrarase á Virxe do Carme e a San Antonio.

O programa dará comezo o sábado ás 10.00 horas cunha andaina pola parroquia e uns pinchos a metade da ruta (cinco euros de prezo, e cómpre facer as inscricións no traxecto a través do 667 857 364).

Ao mesmo tempo celebraranse misas cada hora dende ás 10.00 horas até as 13.00 horas.

Logo, sobre as 13.00 comezará unha sesión vermú amenizada por Discomóvil (haberá tamén xantar campestre).

Ao día seguinte o programa de actividades arrincará ás 13.00 horas cunha misa e logo cunha sesión vermú a cargo de Open Drink. Deseguido farase o sorteo dunha TV de 55 polgadas e tralo sorteo volverá a música cos DJ de Discomóvil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.