Este mércores 10, fronte con chuvias pola mañá e melloría a partir do mediodía

09 Setembro 2025

Galicia quedará este mércores 10, baixo a influencia das baixas presións, que traerán unha fronte nas primeiras horas da xornada. Os ceos presentaranse cubertos e con precipitacións durante a mañá, aínda que a situación mellorará a partir do mediodía, cando as chuvias irán remitindo e se abrirán claros.

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso,(22-24 graos) mentres que o vento soprará de compoñente oeste, con intensidade moderada.

meteogalicia

O noso mar: vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.