Escolares de Ribeira participan no proxecto Amiríos para concienciarse sobre o coidado dos ríos

19 Setembro 2025

Un cento de escolares dos colexios CEIP Plurilingüe de Frións e CEIP O Grupo de Ribeira participaron hoxe nunha xornada de sensibilización ambiental enmarcada no proxecto Amiríos, unha iniciativa impulsada pola asociación Amicos coa colaboración e financiamento de Augas de Galicia.

O acto contou coa presenza do director de Augas de Galicia, Roi Fernández, que acompañou aos estudantes na inauguración da exposición de Amiríos e nas diferentes actividades lúdicas e prácticas. Fernández destacou que este proxecto “axuda a sensibilizar á sociedade sobre a importancia de coidar os ríos e facer un uso responsable da auga, ao tempo que promove a inclusión social de persoas con discapacidade que actúan como referentes e exemplos”.

Mediante xogos e dinámicas participativas guiadas polos activistas medioambientais de Amicos, os escolares coñeceron de primeira man os beneficios de adoptar comportamentos responsables no coidado e preservación dos ecosistemas fluviais.

O proxecto Amiríos, que se desenvolve na demarcación Galicia-Costa, aposta pola educación e o voluntariado ambiental, a participación cidadá e a inclusión social, xa que todas as actividades están conducidas por persoas con discapacidade intelectual formadas como axentes medioambientais.

Tras a súa parada en Ribeira, a iniciativa continuará nos vindeiros meses noutros concellos galegos como Boiro, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Caldas de Reis, Pontevedra, Pontecaldelas e Meis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.